O Autor: Miguel del Arco

Miguel del Arco é autor, guionista, director de Teatro, de Cine e de Televisión; formado na Escuela Superior de Canto e na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, é un dos directores de escena máis valorados nos últimos anos.

Desde o éxito de “La función por hacer” (2009), todos os traballos que leva abordado como autor e director, foron merecentes do rotundo respaldo da crítica e do público: El proyecto Youkali, dirección e texto, (2010), Veraneantes (2011), de Máximo Gorki, La violación de Lucrecia (2010), de William Shakespeare, Juicio a una zorra (2011), texto e dirección; De ratones y hombres (2012), adaptación da novela de John Steinbeck, El inspector, de Gogol, (2012), El misántropo (2013), de Moliére; Deseo (2013), texto e dirección; Un enemigo del Pueblo, de Ibsen, (2014); Antígona (2015), ou “Hamlet”, de Shakespeare (2016) son os seus traballos máis recentes. Outras moitas adaptacións para teatro, guións para televisión, traballos de interpretación en teatro e televisión, conforman unha inmensa capacidade creativa que sitúan a Miguel del Arco como un dos principais referentes teatrais do momento en España. O seu traballo foi distinguido xa con importantes premios: Premio Max, por “La función por hacer” (2011); Premio Max por “Veraneantes” (2012); Premio Valle Inclán de Teatro, por “De ratones y hombres” (2012), ou Premio de la Cultura de la Comunidad de Madrid (2013). No último trimestre do 2016 ven de estrearse a súa primeira longametraxe como guionista e Director: “Las furias”