TEATRO DO ATLÁNTICO. ESPECTÁCULOS ANTERIORES

O Principio de Arquímedes

de Josep Maria Miró i Coromina

Os pais duns rapaces que asisten a uns cursos de natación infantil preséntanlle á directora do Centro as queixas sobre o inadecuado comportamento dun monitor, quen tratando de tranquilizar a un cativo, asustado ao ter que prescindir do “salvavidas” para lanzarse á piscina, abrazouno e deulle un bico, segundo lles contou aos pais unha nena compañeira de cursiño..

Ler máis:

A Charca Inútil

de David Desola
Estrea:  27 de setembro 2013. Pazo da Cultura de Narón

mini Asegura o autor, facendo uso do sentido do humor, que nos atopamos diante dun "drama ao cadrado"; esa curiosa definición podería levarnos a imaxinar un "culebrón", ou un "melodramón", ou un espectáculo "tremendo".

Ler máis:

A Charca Inútil (2)

de David Desola
Estrea:  27 de setembro 2013. Pazo da Cultura de Narón

mini Asegura o autor, facendo uso do sentido do humor, que nos atopamos diante dun "drama ao cadrado"; esa curiosa definición podería levarnos a imaxinar un "culebrón", ou un "melodramón", ou un espectáculo "tremendo".

Ler máis:

E.R. Algún día traballaremos xuntas

de Josep María Benet i Jornet
Estrea: 7 Outubro 2011. Pazo da Cultura de Narón.

mini Na procura de información sobre unha personaxe que deberá interpretar e que ten que ver coa biografía de Encarna Ribera.

Ler máis:

Memoria de Helena e María

de ROBERTO SALGUEIRO GONZALEZ
Estrea: 8 Outubro 2010. Pazo da Cultura de Narón.

mini Nos meses previos á guerra civil, nunha vila de Galicia, prodúcese o primeiro encontro entre Helena e Manuel. Un encontro que había desembocar nun amor inmenso.

Ler máis:

Afterplay

de Brian Friel
Estrea: 9 Outubro 2009. Pazo da Cultura de Narón

A necesidade de converter en plantación de eucaliptos o que até agora fora plantación de cereais, e a procura de créditos bancarios para subsistir, levan a Sónia Serebriakowa a Moscú.

Ler máis:

O xogo de Yalta

de Brian Friel
Estrea: 9 Outubro 2009. Pazo da Cultura de Narón

Partindo de "A dama do canciño", un dos máis coñecidos e recoñecidos contos de Antón Chéjov, o irlandés Brian Friel constrúe esta fermosa e sorprendente peza dramática con saltos no tempo e no espazo que lanzan ao espectador a unha vertixinosa e máxica viaxe case "turística".

Ler máis:

Unha Primavera para Aldara

de Teresa Moure (XIII Premio Rafael Dieste)
Estrea: 11 de Outubro de 2008. Centro Cívico-Cultural de Arteixo

As monxas residentes no mosteiro de Santa María están a pasar por un momento difícil no que atinxe á súa subsistencia; os medios económicos non alcanzan e os arrendatarios das súas terras hai tempo que non lles fan pago das rendas.

Ler máis:

A Bombilla Máxica

de Woody Allen
Estrea: 12 de Outubro de 2007. Auditorio Municipal. Narón

mini A vida da familia Pollack, pai, nai e dous fillos adolescentes, atópase nunha etapa difícil, de absoluta infelicidade sentimental e nunha complicada situación de precariedade laboral.

Ler máis:

A raíña da beleza de Leenane

de Martín McDonagh
Estrea: 17 Febreiro de 2006. Auditorio Municipal. Narón

mini O inferno na casa

Nai e filla, dúas enerxías antagónicas, dous proxectos de vida incompatíbeis.

Ler máis:

Memoria do 36

Estrea: 1 de Decembro de 2005
Edificio de Servicios Múltiples. Culleredo.

Facer espectáculos forma parte do noso oficio, pero hoxe non imos ofrecer espectáculo ningún; trátase só de compartir algo realmente valioso: partículas esenciais da nosa memoria colectiva.

Ler máis:

O Encoro

de Conor McPherson
Estrea: 1 de Outubro de 2004. Teatro Rosalía Castro. A Coruña

Ás veces, baixo as augas dun encoro permanecen vestixios que de falar informarían de múltiples historias insólitas, sorprendentes, quizais conmovedoras ou se cadra tamén terroríficas.

Ler máis:

Vanzetti

de Luís Araújo
Estrea: 19 de Decembro de 2002. Auditorio Torrente Ballester. Ferrol

De certo que é algo lamentable poder afirmar que "Vanzetti" é un texto oportuno, adecuado para este momento; un espectáculo necesario.

Afirmámolo.

E lamentámolo.

Ler máis:

Ecos e voces dun tempo e dun país

Estrea: 30 de Outubro de 2002.
Sala Yago. Santiago de Compostela

Intentemos fuxir por unhas horas dese implacable virus do decibelio e do berregar gutural que invade as nosas vidas por terra e televisión ou se cadra desde o aire a través dos bombardeiros, bombardeos e bombardeadores americanos, israelís ou rusos ou.....
Intentemos fuxir.

Ler máis:

Pervertimento

de José Sanchis Sinisterra
Estrea: 22 de Marzo de 2002. Auditorio Municipal de Narón

"Perverter",
do latin "pervertere",
perturbar a orde ou o estado das cousas.

Ler máis:

Sólo para Paquita

de Ernesto Caballero
Estrea: 1 de Decembro de 2000. Auditorio Municipal Ribadeo

mini Paquita, solteirona, funcionaria pública nun Ministerio, fai por despistar a súa soidade tachando números nun bingo, cartón tras cartón, un dia e outro dia.

Ler máis:

O cerco de Leningrado

de José Sanchis Sinisterra
Estrea: 5 de Decembro de 1999. Museo do Traxe. Viana do Castelo (Portugal)

mini "Pero home.... ¿cómo é posible?¿Aínda andas a facer teatro político?", díxome o meu amigo. "Pero se iso xa non lle interesa a ninguén. Mira que es antigo..."

Ler máis:

Vellos tempos

de Harold Pinter
Estrea: 18 de Novembro de 1998. Teatro Principal. Pontevedra

mini En "Vellos tempos" o vacío do presente atormenta ás personaxes e a única maneira que atopan de intentar agachalo é embarcarse nun sistemático e obsesivo regreso ó pasado. É algo que non poden evitar.

Ler máis:

Amor de Don Perlimplín con Belisa no xardín

de Federico García Lorca
Estrea: 16 de Xaneiro de 1998. Auditorio Municipal. Narón.

mini

¿Farsa? ¿Traxedia grotesca? ¿Drama poético?
Non é doado escoller un xénero dramático para enmarcar "Amor de don Perlimplín con Belisa no xardín". Mais tampouco é demasiado importante. Nin o mesmo Lorca foi quen de definilo.

Ler máis:

A noite das Tríbades

de Per Olov Enquist
Estrea: 08 Novembro de 1996. Teatro Rosalía Castro. A Coruña.

mini O matrimonio composto polo dramaturgo August Strindberg e a actriz e aristócrata Siri von Essen tramita o seu proceso de divorcio.

Ler máis:

Casa de Bonecas

de Henrik Ibsen
Estrea: 24 de Novembro de 1995. Auditorio Municipal. Narón

mini As principais razóns para aborda-la posta en escena de "Casa de bonecas" están en relación directa coa contemporaneidade dos conflitos que prantexa, sen deixar de lado a determiñante influencia que esta peza tivo en toda a dramaturxia moderna.

Ler máis:

Tolos de amor

de Sam Shepard
Estrea: 02 de Maio de 1995. Auditorio Gustavo Freire. Lugo

mini Sam Shepard é considerado un mito, e o dramaturgo americano máis importante desde Tennesse Williams.

Ler máis:

Non se chora

de Roberto Cossa
Estrea: 21 de Outubro de 1993. Teatro Principal. Santiago de Compostela.

mini Roberto Cossa (1934) encabeza a coñecida como "Generación del 60", que engloba a pouco máis de media ducia de dramaturgos arxentinos.

Ler máis:

Ocasos

1. "Agamenón en Áulide", de Manuel Lourenzo
2. "Clitemnestra ou o crime", de Marguerite Yourcenar
Estrea: 20 de Novembro de 1991. Teatro Principal. Pontevedra.

mini (...) Do estadio edípico á era civilizada non se pasa sen tensión. Temos agora o conflito entre cidades. Os aquéus invaden Tróia.

Ler máis:

Historia de Neera

de Roberto Salgueiro
Estrea: 6 de Outubro de 1990. Auditorio do Instituto Xelmirez, Santiago, dentro da Programación da Feira do Teatro Galego.

mini "A produción dun novo espectáculo é sempre para Teatro do Atlántico unha enorme enerxía en movemento [...]".

Ler máis:

Liberdade Bremana

de Rainer W.Fassbinder
Estrea: 1989. Auditorio Municipal. Vigo.

mini "O pior inimigo é o amor. O amor é o instrumento de represión social máis forte, insidioso e eficaz."

Ler máis:

Eu, Gulliver Ferreiro

Viaxe pola poesía de Celso Emilio Ferreiro
Estrea.20 de Setembro de 1988. Ateneo de Madrid

mini Esta viaxe piola poesía de Celso Emilio Ferreiro foi posta en escena por vez primeira no Ateneo de Madrid, o día 20 de Setembro de 1988, a petición de Lauro Olmo, nun acto-homenaxe ao poeta de Celanova organizado polo Ateneo e o Axuntamento de Madrid coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Ler máis: