TEATRO DO ATLÁNTICO. ESPECTÁCULOS ANTERIORES

Unha Primavera para Aldara

No exterior é tempo de revoltas; e contra dos abusos dos nobres feudais, que fixeron dos tributos e dos dereitos señoriais un agravio permanente en contra dos labregos, con frecuentes violacións de señores e soldados sobre as persoas e as propiedades, estase a producir un crecente movemento de rebeldía: estoupa a REVOLTA IRMANDIÑA.

Un criado chega ao convento, solicitando acollida para o seu señor, cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla e necesitado de refuxio e de coidados para sandar.....

As monxas, logo de intensos debates xa que as regras non permiten presenza masculina no convento, deciden poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro ata que se vexa curado das súas feridas......

 

Ficha Técnica

Autora Teresa Moure  
Espazo escénico, vestiario, mobiliario e "atrezzo"
Carlos Alonso  
Deseño de Iluminación Xúlio Lago  
Fotografía/deseño cartel/grafismo Margen Fotografía  
Asesoría musical

María Pilar Martinez ("Pilocha")

 
Axudante de Dirección María Barcala  

Dramaturxia e Dirección

Xúlio Lago  
Intérpretes
Aldara, a abadesa.....................
Xenebra, a prioresa...................
Carola, a boticaria.....................
Don Nuno, cabaleiro irmandiño...
Pero, criado de don Nuno...........
Elvira, recadeira do convento.....
Xoana, monxa lega...................
Sabela, novicia.........................
Frade......................................
Frade......................................
María Bouzas
Pilar Pereira
María Barcala
Belén Constenla
Marcos Correa
Josi Lage
Lucía Regueiro
Amparo Malo
Agustin Vega
Xoán C.Mejuto
Técnicos de Escena: Técnico de Luces.....................
Técnico de Son.......................
Antón Arias
Angel Rico "Bicho"

 

A AUTORA

Teresa MoureTeresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

É autora, entre outras, das seguintes novelas:

  • A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004, Premio San Clemente 2005
  • Herba Moura (2005), Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á Mellor Novela do Ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005.
  • Benquerida Catástrofe (2007).
  • A casa dos lucarios (2007)

Publicou, ademais, entre outros, os ensaios:

  • Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004
  • A palabra das fillas de Eva (2005) Premio da Crítica 2005 no apartado de Ensaio

En literatura dramática:

  • Unha primavera para Aldara (2007) obra gañadora do XIII Premio de Teatro Rafael Dieste.

Galería

 


Crítica